Libros


Violencia e conflitos bélicos no novo século

Varios autores, escritor
3,25/5 (4 votos)

Ensaio, Editorial Galaxia, 2007

ISBN: 978-84-9865-003-7

Baixo o auspicio da Fundación Carlos Casares, en setembro do ano 2005 tiveron lugar os III Encontros de Mondariz-Balneario. En edición de Carlos Fernández ve a luz esta compilación das intervencións alí realizadas, Violencia e conflictos bélicos no novo século. A obra quere ser un punto de partida para reflexionar sobre as transformacións da guerra no mundo global.

O volume compila as comunicacións dos historiadores Xosé Fortes Bouzán e Felipe Fernández-Armesto, do almirante da Armada española Miguel Fernández, do ex-ministro de Defensa Alberto Oliart, Rafael Vilasanjuan, representante de Médicos sen Fronteiras, e Bernanrd Cassen, director xeral de Le Monde Diplomatique e cofundador e presidente de honra de ATTAC.

Nel inténtase contestar a cuestións como cal é a natureza das guerras de hoxe ou cales as perspectivas da chamada guerra contra o terrorismo. A relación entre guerra e información, ou a posibilidade dun mundo sen guerras son outros dos nós de contido do libro.




Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |