Libros

Cardume

Outros libros

Autores relacionados:


Cardume

Rexina Vega, escritor
3,5/5 (4 votos)

Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 0

ISBN: 978-84-9782-655-6

Rexina Vega recibiu o Premio Xerais 2007 con Cardume, relato que parte do ámbito familiar para trazar un arco de recordo desde os últimos días da República polo andar do século XX. Retrato do tecido do Vigo que era porta cara á emigración e asemade cidade industrial, a novela constitúe unha recreación da atmosfera social, familiar, política e cultural dun tempo de miseria.

Cardume é a primeira novela de Rexina Rodríguez Vega, profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, e especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados abondos estudos, entre eles Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación (Laiovento, 1997). Vega exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos.

Segundo adiantou a autora, a novela naceu da pescuda sobre a obra incautada do dramaturgo Urbano Rodríguez Moledo. Co núcleo central do estoupido da guerra e da represión sufrida por Urbano, que remata a novela na illa de San Simón, artéllanse as vidas das diferentes personaxes.

Da man da narradora viaxamos a través dunha memoria en que se prima a dimensión psicolóxica e persoal pero que inevitabelmente se torna colectiva.


Imprimir


Comentarios (1)

#1 28/Outubro/2007 | lois dixo:

Esto é unha proba para ver como funciona esto


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |