Libros

Dos arquivos do trasno

Outros libros

Autores relacionados:

Lecturas temáticas:


Dos arquivos do trasno

Luís Seoane, ilustrador
3,71/5 (7 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 1926

ISBN:

De 16 a 17 anos.

Vinte relatos nos que Dieste trata con modernidade a presenza do sobrenatural no mundo popular. Rafael Dieste (Rianxo, 1899 - Santiago de Compostela, 1981) publicou Dos arquivos do trasno no ano 1926. Desde aquela data, o libro non cesou de medrar na consideración dos lectores e da crítica. Con el a arte do conto acada modernidade para amosar as pegadas do imaxinario galego cunha brillantez inusitada. "O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato. E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. Un mundo narrativo no que o inexplicábel e o extraordinario se mestura de xeito indisolúbel co popular e co cotián. Un anticipo do realismo máxico situado nas vilas mariñeiras de Galicia.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |