Libros

A trabe de ouro e outros contos

Outros libros

Autores relacionados:

Lecturas temáticas:


A trabe de ouro e outros contos

Vicente Risco, escritor
2,4/5 (5 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 2004

ISBN:

De 16 a 17 anos.

Unha mostra da singular mestría para recrear narracións de procedencia popular dun dos nosos autores xa clásicos. Os contos escritos en galego por Vicente Risco (Ourense, 1884 -1963) son unha mostra excepcional de arte narradora. Baseadas en lendas e crenzas populares, como a do lobishome e a dos mouros gardadores de tesouros fabulosos, moitas destas narracións vencéllanse coa nosa imaxinación colectiva como pobo. Noutras o autor adiántase ao seu tempo para facer unha parodia crítica e mordaz, maxistral e divertida, dos comportamentos, roles e obsesións da sociedade de hoxe. Este libro inclúe algúns dos relatos máis admirados do autor ourensán, como 'Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros', 'O lobo da xente', 'A trabe de ouro e a trabe de alquitrán' e 'Os europeos en Abrantes'.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |