Catro narracións en que o estraño e o arrepiante irrompe en situacións aparentemente ordinarias. Unha crecente sensación de ameaza, a intelixente disposición dos feitos e unha poderosa imaxinación presiden o desenvolvemento estes contos de medo. Na súa quinta edición este libro inclúe os tres relatos publicados orixinalmente baixo o título Tres historias para ler á noite así como a magnífica narración 'Autovía'.