Libros

Contos da néboa

Autores relacionados:

Lecturas temáticas:


Contos da néboa

Ánxel Fole, escritor
2,8/5 (5 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 1973

ISBN:

De 12 a 15 anos. Ilustrado por Carlos Maside.

Dezaoito contos nos que o mestre do relato centra as súas historias nas cidades e vilas galegas Nos contos de Ánxel Fole (Lugo, 1903 - 1986) conflúen a tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O autor manexa maxistralmente a fala coloquial, conservando todo o seu sentido do humor e engadindo pingadelas de misterio que manteñen o interese da lectura até o remate. En Contos da néboa, publicado por primeira vez en 1973, presenta como novidade o escenario no que se desenvolven as narracións, que pasa a ser urbano fronte ao mundo do campo ao que Fole consagra anteriores entregas narrativas. O misterio chega ás cidades, que se fan protagonistas destas narracións nas que a brétema pare pantasmas e o demo anda polas rúas. En Fole, a maxia da escritura conserva todo o engado que posúen os contos relatados a media voz, coma historias reais que semellan extraordinarias.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |