Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2004
ISBN:
De 12 a 15 anos. Texto de Xosé Miranda e Antonio Reigosa e ilustracións de Álvaro García Lema.
Arrepíos e outros medos recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas, fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques, ou evitar a posíbel mala influencia de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretenden que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.