
Narrativa, Baía Edicións, 2006
ISBN:
De 12 a 15 anos. Texto de Conchi Regueiro e ilustracións de Sandra Fernández Carmelo.
No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos proporcionan unha misteriosa clave. Trátase das pistas que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila. A desaparición da súa profesora levará a Natalia e Guillerme, compañeiros de instituto -mais non moi amigos, que digamos-, a introducírense no enigma, que se acaba convertendo nunha perigosa aventura en que só contarán coa axuda da súa intuición e intelixencia, ademais dun videoxogo de última xeración.