
Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 1994
ISBN:
De 12 a 15 anos. O texto de Xabier P. Docampo ilústrao Xosé Cobas.
A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando o visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un vello cofre que contén unhas cartas de amor –que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso–, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoias e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar.