
"Quen se atreve a esnaquizar a miña casa e espertarme do meu sono?", berrou o xigante cheo de rabia polo burato da árbore, despois de recibir un golpe da machada que lle caera ao leñador. En pago polo seu descoido, tivo que levarlle á maior das súas fillas… Un conto arrepiante, tomado da tradición popular castelá, que leva o lector a un mundo misterioso e desconcertante. O malvado xigante seduce as fillas do leñador ofrecéndolles a súa fortuna, para despois enganalas e arrastralas cara a un terríbel final. No entanto, a astucia da máis pequena conseguirá devolverlles a vida. Neste caso, a morte afróntase coma unha viaxe iniciática; unha experiencia que leva as cativas a renacer máis sabias e a triunfar sobre o mal. A pesar da aparente crueldade da historia, os lectores entenderán de maneira intuitiva o seu carácter simbólico.