Libros

A historia de Erika

Lecturas temáticas:


A historia de Erika

5/5 (1 votos)

Narrativa, Kalandraka, 2005

ISBN:

De 10 a 11 anos. Escrita por Ruth Vander Zee e ilustrada por Roberto Innocenti.

Historia estremecedora e impactante dunha muller marcada polo seu pasado, pola súa memoria imborrábel como supervivente do Holocausto. Non sabe o seu verdadeiro nome, o día ou o país no que naceu. A súa única certeza é: "No seu camiño cara á morte, a miña nai lanzoume á vida”. Frases curtas e tan contundentes dan conta do seu drama e das dúbidas que a acompañan de por vida sobre os sufrimentos da súa familia. A portada contén un troquelado con forma de estrela de seis puntas, símbolo xudeu que os prisioneiros dos guetos e dos campos de concentración levaban prendido na roupa. As ilustracións, de estilo hiperrealista, xogan co pasado e co presente. Innocenti emprega unha paleta de grises para as imaxes evocadoras e reserva a cor para escenas simbólicas. Un canto de vida e esperanza.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |