
Narrativa, Kalandraka, 2006
ISBN:
De 8 a 9 anos. Texto de Elisabeth Brami e ilustracións de Bernard Jeunet.
Cando Elías tiña sete anos os seus pais deixárono ao coidado duns granxeiros para salvalo da guerra. Con outra identidade e unha familia postiza, Elías atópase indefenso ante un mundo sen piedade, capaz de aniquilarse a si mesmo e á súa principal fonte de futuro: a infancia. Experimenta sensacións como o medo e a desconfianza, pero tamén a valentía e a esperanza. O libro está dedicado a nenos que, como Elías, sobreviviron á masacre que padeceu o pobo xudeu durante a II guerra mundial; pero sobre todo, a aqueles que non tiveron esa sorte.