
Narrativa, Kalandraka, 2000
ISBN:
De 6 a 7 anos. Adaptado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Roger Olmos.
Tío lobo é un conto popular con tradición en países europeos como Francia e Italia. A historia de Carmela, unha nena larpeira e trapalleira, resulta ser un texto 'politicamente incorrecto' que introduce aos cativos no mundo das historias de medo. Un conto que pide ser contado en voz alta (e a ser posíbel, en compañía). As ilustracións destacan pola súa expresividade e pola atrevida aposta estética, de xeito que se conseguen personaxes e escenas moi especiais e innovadoras. O humor está presente desde a primeira ata a última páxina, na que o lector atopará un final sorprendente.