Libros

Este é o medo

Lecturas temáticas:


Este é o medo

0/5 (0 votos)

Narrativa, Ir Indo Edicións, 1992

ISBN:

De 3 a 5 anos. Escrito por Oli e ilustrado por Pepe Carreiro.

Inserido na colección para nenos de 0 a 3 anos, O Parrulo, Este é o medo pretende ser unha ferramenta máis, a disposición dos pais, os seus principais educadores, e dos mestres, os grandes formadores, para a diversión e a aprendizaxe do neno nos primeiros anos da súa vida, por outra banda, os máis importantes para a adquisición de coñecementos. Editado con cores vistosas e letras manuscritas, comprensíbeis para os rapaces desas idades, os textos e os debuxos de Oli e Pepe Carreiro fan pensar e reflexionar aos máis pequenos sobre algo tan intanxíbel e tan humano como é o medo. Os cativos séntense identificados coa historia, que comparten cun neno e cunha nena, os protagonistas reais da narración.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |