Este libro presenta en clave de humor a multitude de medos que poden atemorizar aos máis pequenos dentro do seu propio fogar. A imaxinación infantil é tan extraordinaria que o son renqueante do elevador, o centrifugado da lavadora e mesmo o asubío do vento poden converterse no monstro máis terríbel. As ilustracións -detallistas, expresivas e de gran dozura, como as que realiza para o álbum O monstro de Ricardo - reflicten con moita sensibilidade o mundo infantil que, malia estar cheo de inseguridades, pode sorprender aos adultos pola súa capacidade de reacción: ás veces os papeis intercámbianse e os cativos da casa poden chegar a comportarse como o máis racional dos adultos.