Había unha vez tres feroces bandidos de capa negra e chapeu negro que pola noite se dedicaban a asaltar carruaxes para roubar e atemorizar aos seus pasaxeiros. Tiñan cofres cheos de tesouros dos seus botíns que agochaban na súa casa. Ata que un día, ao asaltar un carromato, atoparon a Úrsula, unha nena orfa que non tiña medo deles e que lles cambiaría a vida...