Rodeira-Grupo Edebé
Rodeira dedícase á edición de libros de texto e de literatura infantil e xuvenil en galego. No primeiro campo, a súa oferta abrangue todos os tramos educativos, desde Educación Infantil até Bacharelato e Formación Profesional. En canto á literatura, conta con diversas coleccións deseñadas desde unha óptica de renovación pedagóxica, para educar en valores e fomentar a procura de coñecemento. As distintas coleccións artéllanse por grupos de idade e de interese temático: Colección Panocha, Tren Azul, as series de Tucán, Periscopio, etc.
Imprimir