Editoriais

Ediciós Do Castro

Do Castro
Osedo, s/n
15168 Sada

http://www.sargadelos.com
Argallado por Luís Seoane no seo Laboratorio de Formas, o proxecto editorial da Fundación Sargadelos bota a andar en 1963 coa publicación das coleccións de gravados El Toro Júbilo e O Meco. Entre as coleccións sucesivas, sempre orientadas ao estudo e á divulgación da memoria histórica galega, atópanse algunhas tan recoñecidas como Documentos, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos e Cadernos do Seminario de Sargadelos, xunto a revistas como Gallaecia, Unión Libre ou Luzes. Do Castro tamén deu conta do ensaio, a historia e os distintos xéneros de creación literaria. A edición de Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas, converteuse no libro máis vendido na historia das nosas letras. O catálogo actual xunta uns 1.400 títulos.

Imprimir

Listado de tódolos libros

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |