Editoriais

Editorial Galaxia

Logo Editorial Galaxia
Sede social, Documentación e Fondo Histórico
Reconquista, 1
36201 Vigo

Dirección, Edición e Administración
Av. de Madrid, 44
36204 Vigo

Loxística e Distribución
Travesía de Vigo, 71-soto
36206 Vigo

http://www.editorialgalaxia.es/
Selo senlleiro das nosas letras desde 1950, Galaxia é hoxe unha editorial xeralista na que se dan cita os grandes clásicos da literatura galega xunto a outros autores máis recentes de probada calidade. O de Galaxia é un proxecto aberto que permanece en renovación constante para contribuír á modernización da sociedade lectora, e por iso a súa ampla oferta continúa a tomar novas direccións. Estas únense ás coleccións de clásicos, as traducións de grandes obras da literatura universal, poesía, ensaio, guías de ocio e medio ambiente, libros de viaxes, LIX, gastronomía, materiais didácticos e de apoio ao ensino, etcétera. Galaxia tamén é editora de Grial, revista trimestral de cultura xurdida en 1963. O catálogo vivo contén máis de 700 libros e máis de trinta coleccións. No catálogo histórico acumúlanse dous milleiros de títulos.

Imprimir

Listado de tódolos libros

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |