Faktoría K
Caixón de Arte, Caixón de Fotografía, Caixón Infantil, Caixón de Ciencia, Caixón de Cómic, Textos Infames, Caixón de Narrativa... Todas estas son coleccións de Faktoría K, editorial cunha oferta variada para o público infantil, xuvenil e adulto. O seu catálogo -no que caben libros de arte, humanidades, fotografía, banda deseñada, álbum ilustrado, narrativa, etc.- constitúe unha aposta visual e gráfica indiscutíbel: Faktoría K pon o máximo coidado na edición dos seus libros para facer do seu aspecto un valor engadido á propia obra, traballo polo cal a empresa xa ten sido galardoada.
Imprimir