Autores

Haruki Murakami

1949, Kioto (Xapón)

Narrador

Haruki Murakami, despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao iniciar a súa carreira como novelista, marchou vivir a Italia, Grecia e os EUA, onde foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton. En 1995 volveu ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. Segundo el mesmo conta, a idea de escribir a súa primeira novela ocorréuselle mentres vía un partido de béisbol, deporte moi popular no Xapón. Escoita a voz do vento (1979) sería tamén a primeira novela da “Triloxía do rato”. Entre as súas novelas máis coñecidas cómpre citar Norwegian Wood (1987) ou Kafka na beira do mar(2002).

As súas obras están traducidas a máis de trinta idiomas e por elas recibiu o Premio Yomiuri de Literatura, que recaeu tamén en autores como Yukio Mixima, Kenzaburo Oe e Kobo Abe.


Imprimir



Libros de Haruki Murakami na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |