Ilustrador
Estudou na Escola d’Arts i Oficis de Barcelona; considerado un dos mellores expoñentes actuais da ilustración de cómic, dende 2004 a súa traxectoria artística está ligada ao mercado francés. É o creador de personaxes como ‘Gorka’ e debuxante da colección ‘Fanhunter’. Traballou para diversos xornais e revistas realizando tiras políticas. Ilustrou a serie de ciencia ficción Interface, publicada na editorial Dargaud, e colaborou cos estudos Comicon, dos que saíron á luz as obras Totally Spies e TechnoMage.