Autores

Sabino Torres Ferrer

1924, Pontevedra

Sabino Torres comezou a súa actividade periodística en Pontevedra en 1943 na revista Finisterre xunto con Emilio Canda e Celso Emilio Ferreiro. En 1949, coa colaboración de Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira, editou a colección poética Benito Soto cuxo primeiro director foi Celso Emilio Ferreiro. En 1952 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi ademais de editor, redactor-xefe e subdirector. En 1992, con Emilio Álvarez Negreira, fundou a colección Hipocampo Amigo, que continúa a editar poesía.
Ten publicados os libros Cuaderno de Carmen (1949), Ondas do mar comigo (1997), Trovas de Nadal (1999), Xograría nova (2000) e Intres de soidade (2001).


Imprimir



Libros de Sabino Torres na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |