Autores

Rodrigo Chao Blanco

1976, Boiro (A Coruña)

Ilustración

Especialmente dedicado á ilustración de libros de literatura infantil e xuvenil, tamén imparte obradoiros e realiza encargos como retratos e murais.
Realizou estudos na Escola de Arte Ramón Faílde de Ourense durante o período 2001-03. Pouco despois, impartiu clases de debuxo, pintura e animación audiovisual na produtora Deboura Cultural (Porriño), dentro do programa plan FIP 2004. Interesado polo deseño e a animación, cursou o Máster de Infografía Audiovisual Animada 2D e 3D da produtora Limaia (Sandiás, Ourense).

Os primeiros traballos de ilustración editorial que abordou, en 2005, foron Adiós, ríos; adiós, fontes, de Rosalía de Castro, nunha edición de Baía Edicións, e O conto dos silencios, de Silvia Pazos, tamén publicado por Baía.

En 2006 realiza as ilustracións de varios libros de texto de ensino primario e secundario para a editorial Nova Galicia (Vigo), que serán distribuídos en diferentes países de América do Sur.

En 2007 será Xerais quen lle edite outros dous contos: A carreira de sacos, tamén de Silvia Pazos, e Natasha e Dimitri, de Antonio Yáñez Casal (finalista do premio Merlín). Á par Galaxia encárgaralle a ilustración de A voz do lago de Antón Riveiro Coello, que xa vai pola terceira edición, e Os ourizos cachos e o gran río gris de Rosa Aneiros, distribuído polo xornal El País. Así mesmo, participa no volume colectivo A cor dos soños.

En 2008 ilustrou Don pol e o pequeno pin de Max Portela e editado por Baía Edicións (A Coruña) e o álbum Unha chea de familias de Xosé A. Neira Cruz e editado por Galaxia.

Traballa como creador de 'layouts' e 'backgrounds' (fondos) en Limaia Producións para unha serie de debuxos animados que se emite na Televisión de Galicia.


Imprimir



Libros de Rodrigo Chao

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |