
Narrador
Jules Verne naceu en Nantes o ano 1828 e finou en Amiens o 1905. Viaxa a París estudar Dereito por expreso desexo do seu pai, pero o ambiente literario da bohemia parisina decidirao a converterse en escritor. Comeza escribindo pequenas obras de teatro, e pouco despois coñece a Hetzel, o seu editor, quen lle publicará Cinco semanas en globo, novela que será o inicio da súa fecunda e exitosa produción literaria.