Autores

Outros:


Libros relacionados:

John Berger

1926, Londres

Novelista e ensaísta

John Berger naceu no 1926 en Inglaterra, onde estudou na St Edward’s School de Oxford e na Central School of Arts de Londres. Entre 1948 e 1955 traballou como profesor de debuxo e empezou a escribir artigos e ensaios que logo reuniría en senllos volumes titulados Roxo permanente e Arte e Revolución. A súa primeira novela, Un pintor da nosa época, causou tal rebumbio en Inglaterra que o editor se viu obrigado a retirala do mercado. Decidido a levar unha vida inconformista e a ser fiel ó seu “humanismo marxista”, Berger abandonou Inglaterra no 1962 e instalouse en Quincy, unha pequena vila rural da Alta Savoia. A partir de 1972, ano no que a súa novela G. obtén o James Tail Black Memorial Prize e o Booker Prize, a súa sona comeza a medrar xa en todo o mundo de maneira incuestionábel, ata devir el mesmo nunha auténtica lenda viva. Entre os seus libros máis célebres, nos que adoita rompe-lo cerco dos xéneros literarios “canónicos”, áchanse Do seu labor, Xeitos de ver, Mirar, Outro xeito de contar, Cara á voda ou Foi aquí onde quedamos, sen esquece-los guións cinematográficos d’A salamántiga, O centro do mundo ou Xonás que cumprirá os vinte e cinco no 2000, películas todas elas dirixidas por Alain Tanner.


Imprimir



Libros de John Berger

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |