Autores

Miguel González Garcés

1916, A Coruña - 1989, A Coruña

Poesía, Ensaio

Poeta bilingüe, aínda que nos últimos anos se decantou pola creación en galego, incluído na Xeración do 36. Foi caracterizado pola crítica como "o poeta da luz".
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e dirixiu a Casa da Cultura da Coruña. Colaborou en diferentes publicacións dentro e fóra de Galicia, entre elas, Aturuxo, Alba, Atlántica, Grial e La Voz de Galicia. Neste último xornal desenvolveu un importante labor de divulgación da poesía galega dos anos sesenta e setenta.

Na súa produción poética pódense distinguir varias etapas segundo a lingua en galego. Da primeira en galego é o seu primeiro poemario publicado, Bailada dos anxos (1961). Durante o período 1953-67 varias obras en castelán. Isla de dos (1953) e Poema del imposible (1954) constitúen dous exemplos. A partir de entón retomou o galego como lingua de creación literaria. Festa etapa son Poema ao meu lar (1968, Premio Rosa de Ouro na Festa da Cantiga), Poemas a Albertiño (1970, publicados na revista Grial), Nas faíscas do soño (1972), Paso soa de luz (1975), Claridade en que a tentas me persigo (1977, Premio da Crítica), Sede e luz (1986) e Un home só na néboa (1989).

Ao mesmo tempo desenvolveu unha produción ensaística relevante sobre temas de arte, historia e literatura, amais da súa achega como antólogo e crítico literario en volumes como Poesía gallega contemporánea (1974), Poesía gallega de postguerra (1939-1975) (1975) e Antoloxía, estudio, selección, e traducción dos poemas en lingua galega de Luís Pimentel (1979).

Imprimir



Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |