Autores

María Pilar Freitas Juvino

1960, Campo Lameiro

Ensaísta

Licenciada en Filoloxía Románica e doutora en Filoloxía Galega, desde hai varios anos exerce a docencia en ensino secundario, no IES Valle Inclán de Pontevedra. O seu interese investigador céntrase no estudo e defensa da diversidade lingüística e no ecoloxismo das linguas, achegándose aos procesos de conservación e normalización lingüística, nomeadamente do galego, como solución ao drama da substitución e morte das linguas.

A represión lingüística en Galiza no século XX é o resultado da súa tese de doutoramento, dirixida polo profesor Anxo Lorenzo e defendida no Universidade de Vigo en decembro de 2006.


Imprimir



Libros de María Pilar Freitas Juvino

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |