Raúl Gómez Pato
Licenciado en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela, actualmente reside en Brión e imparte clase de Latín e Grego no IES de Valga. Como pintor e gravador realizou varias exposicións, ademais de ilustrar libros e revistas. Como poeta publicou tres libros: Choiva, vapor e velocidade, A casa deshabitada da familia Pena e Verba quae supersunt. Traduciu ao galego un bestiario medieval, Libellus de natura animallium e textos de Safo, Safo. Cantos e fragmentos.
Imprimir