Novela
Licenciada en Filoloxía Hispánica e xornalista. Dende outubro de 2005 é a xefa de comunicación e protocolo da Radio e Televisión de Galicia. Como autora de literatura infantil é autora da serie protagonizada por Glub, da que ata o momento apareceron os seguintes títulos: Glub contra Blef (1999), Un susto para Glub (2001) e Glub, o incrible peixe bala (2006). Publicou, ademais, a novela Sopa de marsopa (2008), na que se dá a coñecer o detective Bilbo Bons.