Carme Adán Villamarín
É licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2002 doutorouse coa tese "Epistemoloxía, natureza e xénero" na mesma universidade.
É articulista e autora de ensaios como o "Feminismo e Coñecemento. Da experiencia das mulleres ao ciborg".
Ten o seu destino definitivo como profesora de Ensino Secundario dende o ano 90 no IES Politécnico de Vigo.
Presidiu a Aula Castelao de Filosofía entre os anos 1999 e 2005, ano no que pasou a formar parte da comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega.
Actualmente ocupa o cargo de Secretaria Xeral de Igualdade na Xunta de Galicia.
Imprimir