
Ensaísta, narradora
Simone de Beauvoir foi unha filósofa central para o pensamento existencialista e feminista, con obras fundacionais coma O segundo sexo.Simone de Beauvoir, novelista, filósofa existencialista e feminista, estudou filosofía e exerceu como profesora desta disciplina en varios colexios até converterse en escritora profesional en 1943. Escribiu unha decisiva obra ensaística, centrada en cuestionar o papel da muller na sociedade, con títulos como Pyrrhus et Cinéas (1944; Pirro e Cineas), Pour une morale de l’ ambiguïté (1947; Para unha moral da ambigüidade), Le deuxième sexe (1949; O segundo sexo), La vieillese (1970; A vellez). Como narradora publicou, entre outras, as novelas, L’Invitée (1943) A invitada] e Les mandarins (1954, premio Goncourt; Os mandaríns), ademais dunha importante obra memorialística.