Autores

William Faulkner

1897, New Albany, Mississippi - 1962, Oxford

Narrador, poeta

William Faulkner foi un dos novelistas estadounidenses do século XX con máis recoñecemento; nas súas novelas retrata a decadencia do sur dos Estados Unidos.

En 1949 foille concedido o Premio Nobel de Literatura; en 1955 recibiu o Premio Pulitzer pola novela A Fable e gañou o National Book Award (postumamente) por Collected Stories. Está considerado un dos creadores con máis forza da historia da literatura e conta con este recoñecemento fundamentalmente polo uso de técnicas literarias innovadoras, entre elas o monólogo interior, a inclusión de múltiples narradores ou puntos de vista e os saltos no tempo dentro da narración.


Imprimir



Libros de William Faulkner na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |