
Narradora, poeta, dramaturga
Licenciada en Filoloxía Hispánica, escribe poesía e narrativa pensada para público infantil e xuvenil e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral.
Paula Carballeira participa en diversos programas da TVG e ten colaborado como locutora na Radio Galega. Como autora de literatura infantil e xuvenil publicou as seguintes obras: A percura (1990); Robín e a boa xente (1995); Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996); Olo-iepu-iepu (1999); Mateo (1999); Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (1999); Paco (2001); Correo urxente (2001); O ganso pardo (2002), A era de Lázaro (2004), Smara (2006) e Boas noites (2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. Ten publicado, ademais, o poemario Contatrás (2006).