Autores

Ousmane Sembène

1923, Ziguinchor, Senegal - 2007, Dakar, Senegal

Narrador

Autor comprometido, Ousmane Sembène concibe a obra literaria e cinematográfica como un instrumento útil para transmitirlle ao pobo africano unha mensaxe de loita e de esperanza.

Ousmane Sembène figura entre os grandes nomes da literatura e do cinema africano. Naceu en Senegal, loitou en Europa durante a II guerra mundial e posteriormente traballou en Francia como mecánico, estibador e albanel nos anos 50. Nesa época comezou a súa actividade política como militante comunista e publicou O estibador negro, a súa primeira novela.


Interesouse polo cinema coa intención de chegar a un público máis amplo, viaxou a Moscova para aprender dirección no Estudio Gorki e, despois de varias curtametraxes, dirixiu en 1966 A negra de..., primeira longametraxe africana.


Imprimir



Libros de Ousmane Sembène

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |