
Narradora, poeta
Chelo Suárez Muíños naceu na Coruña e ten unha formación autodidacta. Sente fascinación polas palabras e escribe poesíe e narrativa. Asinou diversos textos baixo os seudónimos de Amara Orzania e Puliana Marful. En 2003 publicou a novela Flor de xiz. Ademais, foi colaboradora habitual de Radio Oleiros, con textos de creación literaria. A venus de cristal, a súa novela recentemente publicada, está ambientada na Venecia do século XV. En abril de 2008 gaña o IV Premio Narrativas Quentes de literatura erótica, convocado por Edicións Positivas, grazas á novela Os milagres de Cristamar.