Narrador
Elixio Rodriguez participou en México en numerosas actividades culturais no galeguismo do exilio, entre elas a revista Vieiros. Publicou en 1994 o libro de memorias Matádeo mañá, reeditado no presente ano.Elixio Rodríguez acolleu dende moi novo a causa do galeguismo. Tras o alzamento do 36 sufriu persecución política. Refuxiouse na Lexión Estranxeira e, debido a unha conxuntura afortunada, ingresou na Arma de Aviación co grao de alférez. O 7 de marzo de 1937 fuxiu a Xibraltar nun vello Breguet-XIX para incorporarse á aviación republicana, onde permaneceu ata o final da guerra. Refuxiado en Francia, grazas á intercesión de Castelao e Luís Soto e ao apoio das comunidades galegas de América, Elixio foi un dos moitos galegos evacuados en 1939 cara a México. Durante décadas de exilio participou en múltiples actividades culturais galeguistas como a revista Saudade, o programa de radio A hora de Galicia ou a revista Vieiros. Entre as súas amizades contáronse Companys, Olof Palme, André Malraux ou o espía británico James Playdon. Como escritor publicou Matádeo mañá (1994, 2008), unhas apaixonantes memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega.