Autores

Elixio Rodríguez Domínguez

1910, Grou, Lobios - 2007, México D.F.

Narrador

Elixio Rodriguez participou en México en numerosas actividades culturais no galeguismo do exilio, entre elas a revista Vieiros. Publicou en 1994 o libro de memorias Matádeo mañá, reeditado no presente ano.

Elixio Rodríguez acolleu dende moi novo a causa do galeguismo. Tras o alzamento do 36 sufriu persecución política. Refuxiouse na Lexión Estranxeira e, debido a unha conxuntura afortunada, ingresou na Arma de Aviación co grao de alférez. O 7 de marzo de 1937 fuxiu a Xibraltar nun vello Breguet-XIX para incorporarse á aviación republicana, onde permaneceu ata o final da guerra. Refuxiado en Francia, grazas á intercesión de Castelao e Luís Soto e ao apoio das comunidades galegas de América, Elixio foi un dos moitos galegos evacuados en 1939 cara a México. Durante décadas de exilio participou en múltiples actividades culturais galeguistas como a revista Saudade, o programa de radio A hora de Galicia ou a revista Vieiros. Entre as súas amizades contáronse Companys, Olof Palme, André Malraux ou o espía británico James Playdon. Como escritor publicou Matádeo mañá (1994, 2008), unhas apaixonantes memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega.


Imprimir



Libros de Elixio Rodríguez na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |