Autores

Winfred Georg Maximilian Sebald

1944, Baviera, Alemaña - 2001, Norfolk, Reino Unido

Narrador, poeta

Winfred Georg Maximilian Sebald naceu nunha vila pequena de Baviera, Alemaña, onde pasou a infancia durante a dura posguerra.

Tras unha curta estadía en Suíza, foi profesor na Universidade de East Anglia onde, desde 1987, ocupou a cátedra de Literatura europea. Foi fundador do prestixioso British Centre for Literary Translation, do que foi director ata 1994.

Escritor tardío, a súa primeira novela Vertixe (1990), foi publicada cando tiña 46 anos e fixou as formas e os territorios dunha narrativa quen en só dez anos e outros tres libros, Os emigrados (1996), Os aneis de Saturno (2000) e Austerlitz (2002), convertérono en autor de culto.

A súa literatura transxenérica, riquísima e complexa, mestura de ensaio, novela, libro de viaxes e poesía, sitúano no cumio dos escritores universais. Max Sebald, como lle chamaban os seus amigos, faleceu vítima dun accidente automobilístico, o 16 de decembro do 2001.

[fonte: Editorial Galaxia]


Imprimir



Libros de W. G. Sebald na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |