
Poeta
Moncho Iglesias Míguez é mestre de castelán como lingua estranxeira en Belén, Palestina. Licenciado en Filoloxía Hispánica e doutorando en Filoloxía Galega, nas súas crónicas publicadas no xornal Vieiros, Moncho dá unha visión de primeira man do conflito árabe-israelí.
Traduciu O condutor de autobús que quería ser Deus do israelí Etgar Keret editado en 2006 por Rinoceronte.
Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos é o seu primeiro libro de poemas.