Narradora, ilustradora
Os pinceis e os lápices forman parte da vida desta autora e ilustradora dende a nenez. En 1988 iniciou os seus estudos de educación artística e alemán na Universidade de Augsburg, aos que seguiron outros cursos en materia de deseño gráfico e ilustración.A partir de 1993 comezou a traballar como pintora, ilustradora e deseñadora ‘free-lance’. Completou a súa preparación na Escola de Belas Artes de Munich.
Empezou a visitar feiras internacionais de literatura infantil, como a de Bolonia (Italia), e a súa primeira oportunidade chegou a través da editorial alemana Thienemann. Títulos como Co dedo no nariz foi un dos seus grandes éxitos de vendas e traduciuse a máis dunha ducia de idiomas.
En 1999 comezou a dar clases de debuxo na Escola Profesional de Augsburg. A súa obra tamén se expuxo na Bienal Internacional de Bratislava (1997), no museo da cidade de Günzburg (2001) e na Feira de Arte de Nagama, en Xapón (2002), entre outras mostras.