Autores

Patricia Castelao

1974, Santiago de Compostela

Ilustradora

Patricia Castelao declárase apaixonada por contar historias con imaxes, e quizais sexa esa a razón pola que abandonou os estudos de Medicina e Acupuntura para dedicarse á pintura e ao debuxo.

Coñecémola sobre todo polo cartel da campaña Ler en abril, dedicada ao mes dos libros neste 2006, e como ilustradora dalgúns dos últimos libros de Xosé Miranda.

Os comezos da súa carreira gráfica foron en estudos de animación, primeiro na factoría coruñesa Dygrafilms na preprodución da longametraxe de animación O soño dunha noite de San Xoán, logo no equipo Filmax Animation, no seu estudio santiagués, para a película Donkey, e até hai unhas semanas no estudio Ilion en Madrid na preprodución da súa primeira longametraxe Planet One. Agora, a pesar de tamén lle gusta traballar en equipos grandes, decide centrarse máis na súa carreira como ilustradora independente.


No campo da ilustración infantil colaborou con diferentes editoriais galegas e españolas. Di que lle gustaría ilustrar de xeito que chegase a un público variado, poderse comunicar tanto con nenos coma cos seus pais ou cos avós.



Entre os seus traballos están Contos prodixiosos (Xosé Miranda e Antonio Reigosa, 2004), Álvaro e Álvaro (Xosé Miranda, 2004), Un bote de caramelos (Enric Lluch, 205), Si, Poesía (Gloria Sánchez, 2005), o cartel do Salón do libro infantil de Pontevedra (2006)e mais o da campaña Ler en abril (2006) ou Armando Amigo (Xosé Miranda, 2006).


Imprimir



Libros de Patricia Castelao na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |