Narrador
Este autor inglés é coñecido internacionalmente sobre todo pola triloxía de novelas fantásticas titulada A materia escura.Escritor inglés, estudou Literatura na Universidade de Oxford. Impartiu clases no Westminster College durante oito anos, antes de dedicarse exclusivamente á narrativa. A súa produción, traducida a moitos idiomas, inclúe novelas históricas, libros xuvenís contemporáneos, relatos fantásticos para o público infantil ou contos.
A materia escura situouse no terceiro posto da enquisa ‘The Big Read’, que organizou en 2003 a cadea BBC para coñecer os gustos literarios dos británicos. Pullman foi distinguido en 2005 co premio Memorial Astrid Lindgren. Tamén se lle concedeu o Premio de Literatura Infantil Guardian, o Smarties Award, o Elinor Farjeon Award’e en 2001 o Premio Whitbread ao libro do ano pola terceira parte desa triloxía.
Tamén é autor das novelas protagonizadas polo personaxe de Sally Lockhart, inspiradas nas historias de Sherlock Holmes.