Olalla Cociña Lozano
Olalla Cociña obtivo o premio d'O Facho, da Asociación Cultural do mesmo nome, no ano 2000. Ten publicados os títulos
As cervicais da memoria (Edicións Fervenza, Premio Avelina Valladares 2004) e mais
Aquí (intemperies) (colección 'Poeta en Compostela', Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG 2006), unha escolma de textos tirados do blog do mesmo nome que a autora mantivo durante anos. Tamén hai textos seus na antoloxía bilingüe
Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Eneida, 2005). Na actualidade traballa como xornalista e mantén na rede a parte textual do blog
Reveladora.
En marzo de 2008 recibe o VIII Premio Fiz Vergara Vilariño polo seu poemario
Libro de Alicia, de cuxa publicación dará conta Espiral Maior.
Imprimir