
Ensaísta
Profesor na universidade de Vigo, escribe ensaio sobre economía, sociedade ou a relación desta con cuestións ambientais.
Albino Prada foi decano da Facultade de Económicas da Universidade de Vigo e é membro do Consello Económico e Social de Galicia e do do Consello Galego de Estatística. Recibiu o premio da crítica Galicia 1979 na modalidade de ensaio e pensamento. Ten artigos científicos publicados en diversas revistas galegas, españolas e internacionais.
Algúns títulos das súas obras:
A outra economía galega (1979) Premio da Crítica de Ensaio, Galicia, 1979
Montes e industria (1991), Fundación Caixa Galicia
Economía de Galicia (1999), Edicións Xerais de Galicia
Economía ambiental e sociedade (2001), Consello da Cultura Galega
Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do Prestige (2003), Consello da Cultura Galega
Economía de Galicia: situación actual e perspectivas (2004), TresCtres
Beneficios y Costes Sociales en la conservación de la Red Natura 2000 (2005), Fundación Caixa Galicia
Electricidad verde (2006), Fundación Caixa Galicia