Autores

Outros:


Libros relacionados:

Carlos Portela Orjales

1967, Vigo

Debuxante e guionista

Guionista, subdirector do Salón do Cómic coruñés 'Viñetas desde o Atlántico' e analista de banda desñada dende 1983, data na que fundou o fanzine "Interlinea".
Adentrouse no eido da banda deseñada nos anos 80 como analista e crítico. Como autor de historietas deuse a coñecer no ano 1993 co álbum Impresiones de la isla. Entre outras obras, asinou a segunda etapa de Gorka, comezando un traballo de colaboración co ilustrador Segi San Julián. Participou en varias publicacións especializadas en banda deseñada e con editoriais francobelgas. Estre os seus traballos máis recentes figura a recuperación do personaxe de 'Esther', con debuxos de Pura Campos, publicado por Glénat. En 2008 presentou A conta atrás, un volume que narra as consecuencias do Prestige en 'flash back', dende o presente ata a vida dos mariñeiros anterior ao desastre ecolóxico.

Tamén é guionista de cinema e televisión, medio este último para o que escribiu máis de douscentos episodios de series. Un dos seus papeis máis destacados neste eido foi o de guionista e presentador, como o doutor TNT, do programa Xabarín Club de Televisión de Galicia, onde tamén traballou como director creativo de promocións.

Imprimir



Libros de Carlos Portela Orjales na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |