Narrador
Antón Riveiro Coello cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. É un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década.Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín correspondente a 1999. As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima.
En 2007 publica A voz do lago, novela coa que se interna na creación literaria para os lectores máis novos, e Os ollos de K.