Autores

Antón Rodríguez Reixa

1957, Vigo

Poeta, narrador, autor de teatro

Antón Reixa ten na cultura galega unha traxectoria que vai desde a intervención poética nos 70 até a súa actual dedicación ao mundo audiovisual.

Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e fundou con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo de Comunicación Poética Rompente, período ao cal pertencen os libros Silabario da turbina (1978) e A dama que fala (1983) amais do manifesto ¡Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio! (1979). Militante na experiencia cotiá, incorpora elementos de ámbitos pouco explorados sexa o mundo urbano, o erotismo ou as marcas de identidade da clase obreira. Así en Historias do rock and roll (1985), na narrativa breve en Transporte de superficie (1990) ou en Ringo rango (1992), compilación de poemas, relatos e ensaios aos que se une o soporte vídeo.

Viva Galicia beibe recupera as letras dos discos que editou con Os Resentidos, cancións-poema na súa meirande parte de carácter narrativo e baseadas na reiteración de esquemas rítmicos, liña que continúa en 1999 co libro-disco Escarnio.

No campo do teatro compuxo unha reflexión sobre a radio titulada Gulliver FM para o grupo Artello e tamén Doberman, representada por Teatro do Morcego.

En 2008 ve a luz o poemario Látego de algas, que fai o número 200 da colección da editora Espiral Maior.


Imprimir



Libros de Antón Reixa na Praza

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |