Autores

Antía Otero

1982, A Estrada

Poeta

Licenciada en Historia da Arte Contemporánea na USC realizou un Máster en Historia e Estética do cine na Universidade de Valladolid e formouse como actriz na Escola Espacio Aberto de Santiago de Compostela. A súa traxectoria é interdisciplinar polo que dende sempre ven conxugando a escrita coa arte e a interpretación.

Como poeta foi gañadora do VII Certamen Francisco Añón de Poesía co poemario De porta un horizonte e publicou o seu primeiro libro individual O Son da Xordeira (2003) en Espiral Maior, así como multitude de colaboracións en revistas, fancines, catálogos de arte e libros colectivos como:

Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra. Sempre Mar.- Plataforma Burla Negra, Xela Arias, quedas en nós. Poetízate. Antoloxía da poesía galega, Polifonías. Voces poéticas contra a violencia de xénero.

Na actualidade é Vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega, traballa como actriz nunha serie da TVG e escribe na súa páxina na rede.


Imprimir



Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |