Autores

Rubén Ruibal Armesto

1970, Ribadeo

Dramaturgo

Rubén Ruibal é autor de teatro, actor e director. Con Limpeza de sangue recibiu os premios Álvaro Cunqueiro e de Litaratura do Estado.

Rubén Ruibal Armesto é licenciado en Filoloxía Xermánica, na especialidade de inglés, pola Universidade de Santiago. Entre 1992 e 1994 foi actor da Aula de Teatro da USC. Con posterioridade, a súa carreira está vinculada á compañía Teatro do Aquí, tanto como integrante do elenco de actores como en labores de axudante de dirección, desde 1994 até 2002. Tamén foi axudante de dirección na montaxe Xelmírez ou a gloria de Compostela (2000), do Centro Dramático Galego e traballou como actor nesta compañía en Rosalía (2001). En 2007 publicou a obra Limpeza de sangue, que fora galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro e pola que recibiu o Premio de Literatura do Estado.


Imprimir



Libros de Rubén Ruibal

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |